A oficina de Cultura de Europa Creativa e o Punto de Cidadanía Europea participan por terceiro ano consecutivo nunha sesión introdutoria en liña sobre as oportunidades de financiamento que ofrecen os programas Europa Creativa Cultura e Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV).
Esta actividade, organizada pola Vicepresidencia de Relacións Internacionais do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) , ten como obxectivo proporcionar información práctica e actualizada sobre as convocatorias de propostas ao persoal técnico e investigador desta institución.
En liña | 18 de febreiro | 10:00 – 11:45 h