Os gañadores dos premios Music Moves Europe 2026 foron anunciados o pasado xaneiro durante unha cerimonia celebrada no festival Euosonic Noorderslag en Groninga, Países Baixos.
Estes premios da Unión Europea, dedicados á música popular contemporánea e apoiados polo programa Europa Creativa, teñen como obxectivo promover o talento europeo emerxente e fomentar a súa proxección internacional.
O Gran Premio do Xurado nesta edición foi para Lia Kali (España) , que tamén recibiu o Premio do Público tras obter o maior apoio na votación do público.
Xunto a ela, tamén foron galardoadas Camille Yembe (Bélxica), Carpetman (Ucraína), Della (Chipre), Sarah Julia (Países Baixos) e Sofia Royer (Austria). Ademais do recoñecemento, as artistas galardoadas reciben apoio financeiro e profesional, así como oportunidades de visibilidade a nivel europeo e internacional.
Atopa máis información aquí .